O veganismo faise unha necesidade cando vivimos nun mundo destructivo.

A urxencia de traballar a nosa propia conciencia e darlle maior valor ás nosas eleccións persoais é cada vez máis apremiante.

Especialmente para todas aquelas persoas que xa sentimos que un mundo gobernado pola comodidade e a inconsciencia, onde consumimos corpos doutros animais como autómatas. Ese non é o mundo máis xusto, igualitario e pacífico que todxs precisamos.

O veganismo é a prolongación desta máxima.

Unha vontade de desactivar o chip que nos leva a actuar no ámbito do coñecido e explorar novas opcións de vivir que non impliquen maltrato e morte. Senón quedarnos con aquelas que nos igualan e nos permiten vivir vidas plenas, saudables e alineadas cunha filosofía de respeto polas vidas alleas.

Temos cada vez maior evidencia científica que apoia o abandono do consumo de animais, que acelera a degradación do noso planeta.

Qué motivos levan entón a perpetuar este modo de vida? A comodidade? A cultura? O hábito? Non paga a pena prestar uns minutos a reflexionar sobre estas cuestións e analizar o noso comportamento se con iso podemos ter un impacto posivito no mundo?

Gran parte da sociedade é consciente que promover o consumo de animais e productos derivados obedece a intereses de empresas e lobbies que priorizan o beneficio económico frente á vida e benestar tanto dos animais cos que tratan como das persoas as que se dirixen.

Temos xa suficientes alternativas e mostras de que non precisamos consumir animais para vivir e estar saudables. E o máis importante, temos a innegable certeza de que todxs temos dereito a vivir vidas libres e satisfactorias, que é responsabilidade de todxs minimizar o sufrimento no mundo.