A Ética sen distincións

Temos unha misión: que todos os animais sexan respectados e teñan dereitos para garantir a súa protección.

Queres axudarnos?

269 é un colectivo baseado nun principio básico: o antiespecismo. Defendemos os dereitos de todos os animais e as nosas actividades céntranse en axudar a facer a conexión empatizando con todos os animais non humanos, sen distincións entre especies.

Antiespecismo

O especismo é a discriminación de quen non pertence a unha determinada especie. Non hai ningún argumento que xusitifique o trato desfavorable a derteminadas especies, polo que defendemos o pleno respecto aos animais de calquer especie.

Consideración moral

Os animais son seres sentintes, seres capaces de sentir e sufrir xa que están dotados de sistema nervioso central. Por iso é necesario telos en consideración moral, respectando a súa vida e loitando polos seus dereitos.

Abolicionismo

Os animais non humanos non son recursos nin propiedade dos animais humanos. Deste xeito, rexeitamos calquer lei, costume ou tradición que estea en contra dos principios éticos e morais e que perpetuan a cosificación, maltrato e explotación de animais.

269 era un dos moitos becerros aos que ían asasinar nun matadoiro das aforas de Tel Aviv en 2013. Activistas anónimos rescatáronno impedindo a matanza, o rescate fíxose viral e as protestas en Israel foron seguidas ata en Reino Unido 

O obxectivo das protestas foi mostrar que as partes do corpo do animal que se comen forman parte dun individuo, dun ser que sinte pracer e dor, e non só dun número nunha etiqueta que invisibiliza as súas capacidades e liberdades, e que só indica que vai ser asasinado en beneficio dos humanos. 

269 representa a todos os animais non humanos. E todos eles teñen dereito a vivir sen torturas, sen ser separados da súa familia, sen unha data de morte planificada. Todos os animais teñen dereito a vivir, non son recursos.

 

¿QUÉ ES EL ANTIESPECISMO?

Que é o veganismo?

Por que nos debes axudar?

 

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

 

Precisas máis información?